Xornadas de Conservación do Medio Ambiente e Reciclaxe

Share Button

Entre as múltiples actividades que organiza estes días o Concello de Cariño, que podes coñecer a través da páxina de Facebook da institución municipal, queremos chamar a atención sobre as Xornadas de Conservación do Medio Ambiente e Reciclaxe que terán lugar o vindeiro sábado 26 de decembro entre as 10 e as 14 horas no Local Social do Concello de Cariño (planta baixa).

A actividade, organizada polo Concello de Cariño e subvencionada pola Deputación da Coruña, contará coa participación do comunicador ambiental e escritor Antonio Sandoval Rey e consistirá nun encontro informal para falar de conservación, medio ambiente e xestión dos residuos. Para saber máis sobre a persoa convidada recomendámosche visitar a súa páxina personal.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.