Eleccións autonómicas o 25 de setembro

Share Button

Despois de varias semanas de incertidume, o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo vén de confirmar que as eleccións autonómicas terán lugar en Galicia o vindeiro 25 de setembro, coincidindo coas vascas como xa sucedera en 2009 e 2012.

A convocatoria electoral supón tamén a definición de varias datas relevantes relacionadas con ela. Así, tódolos partidos deberán rexistrar as súas candidaturas entre 17 e o 22 deste mes de agosto, mentres que a campaña electoral dará comezo o 9 de setembro. Será a décima ocasión na que a cidadanía galega vaia ás urnas para decidir a composición da súa cámara autonómica.

O candidato do noso partido a estes comicios é Xaquín Fernández Leiceaga (na foto), elexido pola militancia socialista nas primarias celebradas o 28 de maio. Hai uns días os comités provinciais veñen de aprobar as propostas de candidaturas, que están pendentes de ratificación polos órganos nacionais e federais. Na candidatura pola provincia da Coruña figuran, en representación das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, o concelleiro de A Capela José Manuel Pérez Seco no quinto posto e a ferrolá Eva Martínez Montero no duodécimo.

Dende a Agrupación Socialista de Cariño imos achegar o noso gran de area para que o cambio político teña lugar en Galicia.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.