XXXVIII Mostra de Teatro Galego

Share Button

O Concello de Cariño ten todo preparado para un dos principais eventos do verán: a Mostra de Teatro Galego, que este ano acada a súa trixésimo oitava edición.

Este ano o programa –como é habitual- conta con compañías consolidadas e premiadas da escena galega, tales como Teatro do Atlántico co espectáculo O principio de Arquímedes (cinco premios María Casares na súa XX edición: espectáculo, dirección, actor protagonista, actor secundario, adaptación-tradución), IlMaquinario Teatro co espectáculo Perplexo (outros cinco premios María Casares na súa XIX edición: espectáculo, dirección, adaptación-tradución, iluminación e vestiario). Tamén conta con estreas recentes como Foucellas de Talía Teatro ou Eroski Paraíso de Chévere, que foi Premio Nacional de Teatro 2014.

Unha das singularidades da nosa Mostra de Teatro é a dobre programación de teatro en galego, infantil e de adultos. A sección de teatro infantil non é un mero complemento, senón unha tentativa de achegar o teatro de calidade ós máis pequenos. Funciona, pois, como unha auténtica escola de novos espectadores, fomentando a afección polas artes escénicas, da que se deriva a creación de pequenos grupos de teatro amateur que realizan actividades regulares durante todo o ano, tanto en grupos de nenos como de adultos.

Nesta edición a mostra inclúe premiados espectáculos como pode ser Feo! de Caramuxo Teatro (Premio María Casares ó Mellor Espectáculo Infantil) ou Luppo, de Baobab Teatro (Premio ó Mellor Espactáculo Infantil e Familiar da 18 Feria de Teatro de Ciudad Rodrigo).

Unha novidade deste ano é a programación de espectáculos de rúa. É obxectivo da organización que a Mostra non quede no Auditorio Municipal, senón que saia á rúa en busca de novos públicos.

Ademais, prográmanse varias actividades paralelas:

Charlas-coloquio coas compañías Teatro do Atlántico, A Panadaría e Talía Teatro ó remate do seu espectáculo.

– Presentación do número 86 da Revista Galega de Teatro.

O prezo das funcións infantís é de 1 € e as de noite de 5 €, e terán lugar no Auditorio Municipal. As funcións de rúa e as actividades paralelas son gratuítas. É posible adquirir un bono (a prezo de 20€) co que poder acceder a tódalas funcións de noite. Pódese adquirir na Casa do Concello dende o luns 8 ata o venres 12 de agosto de 9 a 14 horas.

Dende a Agrupación Socialista de Cariño queremos felicitar ó Concello de Cariño pola excelente programación deste ano, cuxos detalles reproducimos a continuación:

Sábado 13 de agosto

– 12:30 horas – Praza da Pulida: NONO (gratuíto).

– 20:30 horas – Explanada do Mercado Municipal: MAINTOMANO: EKILIBUÁ (gratuíto).
– 22:30 horas – Auditorio Municipal: GRUPO DE TEATRO DE AMAS DE CASA DE CARIÑO – A PEDIDA DA AVOA de Pilar Areanca (gratuíto).

Domingo 14 de agosto
– 13 horas – Praza do Cruceiro: DANI GARCÍA: DON GELATTI (gratuíto).
– 20:30 horas – Explanada do Mercado: UP2DOWN (gratuíto).

Luns 15 de agosto
– 12 horas – Auditorio Municipal: TEATRO GHAZAFELLOS: BON APPETIT (entrada: 1€).
– 22 horas – Auditorio Municipal: TEATRO DO ATLÁNTICO: O PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES (entrada: 5€).
Ó remate, teremos unha charla-coloquio co Director e o elenco.

Martes 16 de agosto
– 12 horas – Auditorio Municipal: BAOBAB TEATRO: LUPPO (entrada: 1€).
– 20:30 horas – Parque do Concello: KANBAHIOTA – VAIA CIRCO! (gratuíto).
– 22 horas – Auditorio Municipal: A PANADARÍA: PANAMERICANA (entrada: 5€).
Ó remate, teremos unha charla-coloquio coa Compañía.

Mércores 17 de agosto
– 12 horas – Auditorio Municipal: CARAMUXO TEATRO: FEO! (entrada: 1€).
– 22 horas – Auditorio Municipal: TALÍA TEATRO: FOUCELLAS (entrada: 5€).
Ó remate, teremos unha charla-coloquio coa Compañía.

Xoves 18 de agosto
– 12 horas – Auditorio Municipal: TALÍA TEATRO: ROSA CARAMELO E OUTRAS HISTORIAS (entrada: 1€).
– 20:30 horas – Sala de Prensa do Auditorio Municipal: PRESENTACIÓN DO NÚMERO 86 DA REVISTA GALEGA DE TEATRO (entrada gratuíta).
– 22 horas – Auditorio Municipal: ILMAQUINARIO TEATRO: PERPLEXO (entrada: 5€).

Venres 19 de agosto
– 12.30 horas – Explanada do Mercado: FUMAN – MUSICÓLOCO (gratuíto).
– 22 horas – Auditorio Municipal: CHÉVERE TEATRO: EROSKI PARAÍSO (entrada: 5€)
.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.