Aclaracións sobre a débeda contraída durante o mandato do PP coa constructora Corsán-Corvián

Share Button

O xornal La Voz de Galicia, na súa edición Ferrol, publica hoxe unha breve nota sobre a débeda que ten contraída o Concello de Cariño coa empresa constructora do edificio da casa consistorial. A anterior noticia publicada polo xornal, en días pasados, non clarificaba a orixe desa débeda, que remonta ó mandato do PP.

Explicamos este asunto en diversas ocasións, como por exemplo o número 6 do noso Boletín de Información Municipal, publicado en maio de 2004. Na pasada campaña electoral publicamos tamén unha entrada nesta páxina web, cuia lectura recomendamos. Podes atopala aquí:

https://www.psoecarino.org/index.php?option=com_content&task=view&id=393&Itemid=1

Polo demais, a noticia de La Voz de Galicia contén unha imprecisión. A débeda non é de 100 millóns das antigas pesetas, senón de máis de 160. En concreto, a cantidade reclamada pola empresa, en escrito remitido ó Concello a comezos de xullo de 2003, ós poucos días da nosa toma de posesión, é de 972.055,93 euros (161.736.498 pesetas), en concepto de obras realizadas durante o mandato do PP no edificio da Casa do Concello. Despois dun proceso xudicial que durou varios anos, o Concello ten que afrontar o pago desa débeda para dar cumprimento á sentenza.

Podes atopar aquí a nova publicada hoxe en La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/06/18/0003_201106F18C109910.htm

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.