Reflexións sobre o movemento 15-M

Share Button

Onte celebráronse manifestacións en moitas cidades e vilas de España, convocadas polos movementos 15-M e Democracia Real Xa (a foto corresponde á manifestación de Vigo, publicada en Xornal de Galicia e da autoría de Sonia Daponte). Á marxe da opinión que cada quen teña sobre as súas demandas, é evidente que estamos ante un fenómeno digno, cando menos, de reflexión e debate. E cremos que o noso partido non debería facer oídos xordos ás súas demandas. 

Recomendamos a lectura dalgúns artigos recentes. Bonifacio de la Cuadra publicou hoxe, no xornal El País, o titulado El 15-M, más democracia que izquierda:

http://www.elpais.com/articulo/opinion/15-M/democracia/izquierda/elpepuopi/20110620elpepiopi_5/Tes

Pola súa parte, en El Plural.com podes atopar El PSOE no debe estar al margen de los indignados, a cargo de Enric Sopena:

http://www.elplural.com/opinion/el-psoe-no-debe-estar-al-margen-de-los-indignados/

Ás reflexións destes días temos que sumar o lúcido Socialismo y movimiento 15-M, que publicou hai días Francisco Cerviño na Edición Galega de El País e que xa recomendamos a través do Facebook:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Socialismo/Movimiento/15-M/elpepuespgal/20110608elpgal_13/Tes

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.