Retómanse as reivindicacións a prol da consulta de pediatría

Share Button

Celebradas as eleccións do 22-M e constituidas as corporacións municipais, algúns asuntos recuperan protagonismo na axenda política. Entre eles, é obrigado citar a reinvindicación das melloras do servizo de pediatría nos concellos do Ortegal. Hoxe o xornal La Voz de Galicia publica unha nova (acompañada da fotografía que reproducimos nesta entrada) explicando os últimos avances do colectivo de nais e anunciando novas protestas.

En concreto, infórmase da presentación dun escrito no rexistro da Xunta en Ferrol acompañado de 2.177 firmas, así como da celebración dunha reunión co responsable da área sanitaria de Ferrol, Luis Verde, e do posterior envío dunha carta asinada pola voceira do colectivo de nais para clarexar algúns asuntos que non quedaron o suficientemente claros na reunión. Cómpre destacar que a reivindicación mantense tamén moi activa en Facebook.

Non hai avances significativos, de aí a necesidade de continuar coas reivindicacións. Nós, dende o noso novo papel de oposición no Concello de Cariño, imos continuar apoiando con firmeza esta xusta reclamación, que, por outro lado, conta co apoio das tres forzas políticas que compoñen a nosa corporación municipal.

Este asunto leva merecido un bo número de entradas nesta páxina web, que podes rastrexar comodamente mediante a opción Buscar situada no menú da parte esquerda. O pasado 7 de maio, baixo o título A consulta de pediatría: 15 meses apoiando unha causa xusta, publicamos unha entrada que resumía o tratamento que adicamos en internet a esta loita. Podes atopala aquí:

https://www.psoecarino.org/index.php?option=com_content&task=view&id=379&Itemid=5 

A nova publicada hoxe en La Voz de Galicia está dispoñible nesta ligazón:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/06/23/0003_201106F23C11992.htm 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.