Cambio na Corporación Municipal

Share Button

No Pleno Municipal do pasado venres 25 de maio fíxose oficial a dimisión do Concelleiro do BNG Óscar Bellón Fernández, que aludíu razóns persoais para xustificar a súa decisión.

O seu posto na Corporación parece que será ocupado por Inés Martínez Deus, que figurou no séptimo lugar na candidatura do BNG ás pasadas eleccións municipais. As persoas que ocuparon os postos quinto e sexto, Raúl Veiga Bellón e Flora Miranda Pena respectivamente, renunciarían a tomar posesión do cargo.

Óscar Bellón ocupara o segundo lugar na candidatura do seu partido e estaba a piques de cumplir un ano como concelleiro e membro do goberno municipal. Diferencias políticas á marxe, dende o noso partido amosamos o máis escrupuloso respecto pola decisión que acaba de tomar Óscar Bellón. Queremos, ademais, expresarlle o recoñecemento que merece toda persoa que decide comprometerse para, dende a institución municipal, tentar mellorar a sociedade na que vive. Dámoslle a benvida a Inés Martínez Deus.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.