Cambios no Grupo Municipal

Share Button

O venres 2 de outono celebrouse un novo Pleno municipal, cunha orde do día na que se recollía -entre outras cuestións de interese local- a posta en coñecemento do cese da concelleira socialista María José Fraguela.

María José era integrante da corporación e do equipo de goberno local dende xuño de 2015, sendo titular da Concellería de Servizos Sociais ata a actualidade. Cuestións de índole estrictamente persoal levárona a tomarse unha pausa nas súas responsabilidades municipais, aínda que sabemos ben que non no seu compromiso social.

Entre as accións postas en marcha pola súa concellería atópanse a apertura do PAI, a ampliación do Servizo de Axuda no Fogar, a regulación do Fondo de Emerxencia Social ou as Axudas á Natalidade, entre moitas outras. Todas as medidas estiveron sempre marcadas por un profundo compromiso coa igualdade.

Dende a Agrupación Socialista de Cariño queremos agradecerlle o traballo desenvolto en prol da veciñanza, sempre con honestidade e sentido da responsabilidade. E tamén facerlle chegar os nosos mellores desexos de cara ó futuro.

A acta que deixa libre María José será cuberta por Iria Rubido Pardo, quen por primeira vez formará parte da corporación municipal. Desta maneira o Grupo Municipal Socialista segue a estar integrado por 4 concelleiras e 3 concelleiros.

Nos vindeiros días coñecerase como queda a restructuración definitiva de cada unha das áreas de goberno.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.