Comunicado da Corporación con motivo do accidente ferroviario do 24 de xullo

Share Button

Os concelleiros do Grupo Municipal Socialista secundamos hoxe a concentración celebrada ás portas da Casa do Concello, gardando cinco minutos de silencio en solidaridade coas víctimas da traxedia ferroviaria que tivo lugar este mércores 24 de xullo en Santiago de Compostela. En dito accidente faleceron ata o momento 78 persoas, resultando feridas máis de 100.

O tres grupos políticos que formamos parte da Corporación Municipal cariñesa asinamos o comunicado que reproducimos a continuación:

A Corporación Municipal do Concello de Cariño, no seu nome e no nome de todo o pobo, desexa transmitir ás familias e amizades das víctimas do accidente do 24 de Xullo en Compostela o seu profundo pesar pola dor que están a vivir.

Recoñecemos e valoramos o enorme traballo feito por profesionais e voluntarios, volcados en axudar aos afectados por esta traxedia: somos un país pequeno cun corazón moi grande, e nos momentos máis duros sabemos ser bos e xenerosos cos nosos semellantes.

En Cariño, a 26 de Xullo de 2013.

  

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.