Conferencia Política

Share Button

Como xa anunciamos nunha entrada desta web o pasado 12 de setembro, o PSOE celebrou esta fin de semana en Madrid a súa Conferencia Política. O evento abríuse o venres coas intervencións do ex-presidente Felipe González, do actual presidente José Luis Rodríguez Zapatero e do candidato socialista ás eleccións do 20 de novembro Alfredo Pérez Rubalcaba. Onte foi un día de intenso traballo, centrado en concretar e discutir propostas sobre a base do Documento Marco. Na mañá de hoxe tivo lugar o acto de clausura, cun novo discurso de Rubalcaba.

A Conferencia Política tiña como obxectivos principais a discusión e actualización das liñas programáticas do noso partido, o debate con distintos sectores sociais e a visibilización do novo proxecto socialista, adiantando varias propostas do programa electoral para as vindeiras eleccións. Nela participaron unhas 2000 persoas, entre elas 300 representantes da sociedade civil, non militantes do partido e pertencentes a entidades como Cruz Roja, Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad, Red de Comercio Justo y Consumo Responsable ou Unión de Pequeños Agricultores.

Quizais o máis destacado da Conferencia Política foron as propostas concretas, que amosan que o PSOE ten un proxecto sólido e convincente. Do evento xurdiron propostas importantes para a creación de emprego, para garantir a viabilidade dos servizos públicos e combatir as privatizacións ou para profundizar na transparencia e na participación. Nada que ver, dende logo, co regresivo programa oculto que nos ten preparado Mariano Rajoy.

Na páxina web do partido, www.psoe.es, podes atopar un amplo tratamento da Conferencia, incluindo o vídeo da intervención de clausura de Rubalcaba. Ademais, recomendámosche a reportaxe de fondo que, co título Los socialdemócratas giran a la izquierda en toda la Unión Europea, sae hoxe en Público:

http://www.publico.es/399368/los-socialdemocratas-giran-a-la-izquierda-en-toda-la-union-europea

E o artigo de opinión que, co título Un proyecto más allá del 20-N, publicou onte o sociólogo Ignacio Urquizu no mesmo xornal:

http://blogs.publico.es/dominiopublico/4058/un-proyecto-mas-alla-del-20-n

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.