Exposición de encaixe de bolillos da asociación A Gabeira

Share Button

Dende onte, 1 de setembro, ata o vindeiro domingo, 8 de setembro, pode visitarse na sala de prensa da Casa de Cultura de Cariño unha mostra coas pezas de encaixe de bolillos elaboradas polas mulleres da Asociación de Palilleiras A Gabeira.

A exposición está aberta de luns a venres en horario de 9 a 14:30 horas e de 17 a 20 horas. A fin de semana, sábado e domingo, abrirá únicamente en horario de tarde, de 17 a 20 horas. A entrada é de balde.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.