Goberno municipal cariñés: outro verán de improvisación e deixadez

Share Button

O tempo pasa axiña e xa estamos a finais de xullo. O tempo de verán en Galicia é curto, así que quédanos outro mes, o de agosto, e logo entraremos xa no outono. Dado que gobernamos o Concello de Cariño durante bastantes anos, sabemos que os veráns no ámbito municipal son intensos, cheos de traballo, con moitas cousas que atender. Sen embargo, consideramos que o que está a pasar actualmente en Cariño non é de recibo: contenedores de reciclaxe cheos a rebosar, praias sen socorristas, caseta de turismo pechada, problemas no alumeado público, estradas e camiños sen desbrozar e outros feitos que só poden explicarse dende a falta de previsión, a deixadez e a improvisación. Parte destas situacións repítense por segundo verán consecutivo.

No Pleno Ordinario do pasado venres, 20 de xullo, o Grupo Municipal Socialista, no punto correspondente a Rogos e preguntas, deu lectura ó seguinte texto:

 

O Grupo Municipal Socialista, ante o abandono no que a Alcaldía ten os servizos básicos municipais, rógalle que asuma a súa responsabilidade de máxima autoridade local e resolva de inmediato, entre outros, os seguintes servizos de competencia municipal:

Barrido e limpeza das rúas do Concello.

Reparación do alumeado público, dado o aspecto deplorable no que se atopa, especialmente o paseo marítimo.

Socorrismo, limpeza e recollida de lixo nas praias. Hai papeleiras que levan semanas cheas a reventar.

Desbroce de pistas municipais (o Concello conta cun extraordinario tractor desbrozador). Como exemplo, destacamos que por primeira vez en moitos anos a estrada que leva ó Cabo Ortegal atopábase sen desbrozar o día do Carme.

Inmediata apertura da Caseta de Turismo.

Desbroce e limpeza das sendas peatonais.

Reparación de baches e beirarrúas.

Reparación da tapa hidráulica dos contenedores soterrados na rúa dos taxis.

– Rogamos asimesmo que deixe de utilizar a cristaleira do Concello como o seu tablón de anuncios particular. Non coñecemos ningún Concello de Galicia que ocupe a súa cristaleira principal con decenas de fotocopias. Existen numerosas formas de difundir a información que vostede considere oportuna sen necesidade de proporcionar esta pésima imaxe.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.