Latexos de vida e de conciencia

Share Button

Unhas 30 persoas démonos cita o pasado sábado no Local Social de Cariño (baixo da Casa do Concello) para asistir ó acto de presentación das memorias de Rafael Pillado, que levan por título O latexo da vida e da conciencia e contan con prólogos de Manuel Rivas e Santiago Carrillo.

O noso compañeiro Jonathan Miranda abríu o acto. Tralas súas palabras iniciais, Fernando Ocampo, directivo de Fuco Buxán, describíu as principais liñas de traballo da asociación e destacou o papel que xoga na mesma o autor do libro. Rafael Pillado fixo unha emotiva intervención na que comezou presentando as súas memorias como un proxecto colectivo de Fuco Buxán destinado a conmemorar o 40 aniversario dos sucesos do 10 de marzo de 1972. Repasou algúns dos principais momentos desta primeira entrega das súas memorias, que abarcan dende a súa infancia ata o final da dictadura. En terceiro lugar, Pillado referíuse ó momento político actual, denunciando as estratexias que están favorecendo a acumulación da riqueza en mans dunha reducida minoría que controla o poder financieiro en detrimento dos dereitos e do benestar das maiorías sociais, e reclamando a necesidade de movilizarse e actuar. Tralas tres intervencións abríuse o debate ó público e, finalmente, o autor do libro asinou exemplares do mesmo. É, por certo, un libro fermoso e ben editado.

Na Agrupación Socialista de Cariño marcámonos un novo reto, o de elaborar unha oferta propia de actividades culturais e debate político. O acto do sábado foi, pois, o punto de partida do que pretendemos sexa un programa periódico de actividades como conferencias, presentacións de libros, mesas redondas ou excursións. O resultado desta presentación anímanos a continuar. Parafraseando o título do libro, antonte en Cariño houbo, unha vez máis, latexos de vida e de conciencia.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.