O modelo Wert: a universidade para os ricos

Share Button

Un dos temas que vén protagonizando o debate político nos últimos días é a xestión do Ministro José Ignacio Wert nas políticas educativas e concretamente no ensino superior. Un recente estudo elaborado por expertos das universidades de Jaén e Valencia amosa que este ano uns 35.000 estudantes universitarios perderon a súa beca como consecuencia dos requisitos impostos polo Ministerio de Wert para acceder a elas. Por esta vía, o seu Ministerio recurtou uns 110 millóns de euros.

De seguir adiante cos seus plans, o número de estudantes que terán perdido as axudas ó estudo no vindeiro curso elevarase a 85.000, segundo o mentado informe. En apenas dous cursos, España retrocederá a unhas taxas de cobertura en becas de apenas un 16%, cifra similar á do curso 2003-2004.

Dende o seu nomeamento, Wert vén comportándose como un Ministro prepotente e moi pouco dialogante, que ademais promove un modelo de universidade para os ricos, progresivamente elitista e que pouco a pouco converterase en patrimonio exclusivo das familias acomodadas. Mentres tanto, un número elevado de estudantes pasan serias dificultades, ven perigar a continuidade dos seus estudos ou –se aínda non chegaron á universidade- perciben o ensino superior como un privilexio ó que nunca poderán acceder. Wert está enervando incluso a presidentes autonómicos e a moitos outros membros do seu propio partido. Sen embargo, tal e como a voceira socialista Soraya Rodríguez reprochou hoxe a Rajoy, o responsable desta reforma na política de concesión das becas non é Wert, es usted, presidente, porque usted lo nombró ministro y usted no lo ha cesado ni lo devuelve a las tertulias de donde nunca debió salir”.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.