Reportaxe sobre os exalcaldes da comarca

Share Button

Diario de Ferrol publica hoxe unha reportaxe sobre seis exalcaldes da comarca. En concreto, trátase de Vicente Irisarri (Ferrol), Iván Puentes (Fene), o noso compañeiro José Luis Armada (Cariño), José Luis Vergara (Cedeira), Andrés Feal (Monfero) e Isabel Álvarez (Valdoviño). Os cinco primeiros son socialistas, o que, sen eludir os erros que puidemos ter cometido nos diversos gobernos dos concellos, pon de manifesto que os resultados das pasadas eleccións municipais estiveron tamén fortemente condicionados pola difícil situación económica á que está tendo que enfrontarse o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero. A única muller entre os seis entrevistados, a valdoviñesa Isabel Álvarez, pertencía a Terra Galega e non se presentaba á reelección no mes de maio.

En liñas xerais, os exalcaldes coinciden en destacar a mellora na calidade de vida e a maior dispoñibilidade de tempo para outras actividades despois da súa saída da alcaldía. Os cinco exalcaldes socialistas seguen a formar parte das corporacións municipais nos diferentes concellos, aínda que José Luis Armada ratifica a súa intención de favorecer a renovación, deixando de ser cabeza de lista e Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Cariño. O noso compañeiro aparece fotografiado no seu estudo particular e sinala que unha das actividades ás que está adicando o seu tempo nos últimos meses é a organización do mesmo.

Podes ler a reportaxe aquí:

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/29682-ferrol-noticia

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.